InicioOrientalRibadeoMaría Lamas, veciña de Ribadeo, recibe unha placa do Concello polo seu...

María Lamas, veciña de Ribadeo, recibe unha placa do Concello polo seu 100 aniversario

Esta muller cumpre hoxe 100 anos e celebrou esta data tan especial xunto á súa familia e ás compañeiras e compañeiros do Hospital Asilo, soprou as velas, compartiron tarta e contaron con actuación musical.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, visitou esta tarde o Hospital Asilo para facerlle entrega a María Lamas Carreira dunha placa conmemorativa en nome da Corporación Municipal de Ribadeo. Esta muller cumpre hoxe 100 anos e celebrou esta data tan especial xunto á súa familia e ás compañeiras e compañeiros do Hospital Asilo, soprou as velas, compartiron tarta e contaron con actuación musical.

Mónica Freire felicitou a María Lamas, a usuaria máis lonxeva do Hospital Asilo. Acompañou á concelleira nesta visita José Luis Gegunde, traballador social do Concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...